Coquito Carola

Coquito Carola

lunes, 31 de diciembre de 2012

MERCADO DE NADAL. DIPUTACIÓN DE LUGO















POR PRIMERA VEZ LA DIPUTACION DE LUGO ORGANIZA EL MERCADO DE NADAL "MERCA O TEU" :


Pola súa calidade, polo cariño e coidado que poñen na elaboración de cada produto, por contribuír no fortalecemento da estrutura produtiva da nosa provincia ou porque o mereces… Razóns hai de sobra mais a Deputación dáche 20 máis para “mercar o teu” noPrimeiro Mercado de Nadal.
Apunta as datas: do 21 de decembro ao 5 de xaneiro na Praza de San Marcos, unha vintena de pequenos empresarios e autónomos dos sectores da agroalimentación e a artesanía poñerán á venda os seus produtos nas 14 casetas que se comezaron a instalar este mesmo luns en San Marcos.
Mais iso non é todo: unha desas 14 casetas estará destinada a ofrecer información ao público asistente sobre o propio mercado, así como a difundir os recursos da provincia, mentres que noutro dos stands haberá demostracións de oficios tradicionais, como o de ferreiro, canteiro ou cesteiro, entre outros. Ademais, nunha jaima os máis peques gozarán de actividades didácticas gratuítas, nas que coñecerán dun xeito ameno e divertido as características da fauna e a flora de Terras do Miño.
Tamén teremos un espazo para as compras solidarias: no posto de información poderás mercar o CD Cantos de Nadal, cuxos fondos recadados dedicaranse á compra de agasallos para os nenos máis desfavorecidos da provincia.

Horarios

O mercado de Nadal estará aberto entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro, excepto os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30.
Lembra: este Nadal (e sempre) “Merca o teu”!





No hay comentarios:

Publicar un comentario